Nicolás Pichel lócese no Mundial de Tríatlon de Longa Distancia


 09 Maio, 2019   Tríatlon 

Nicolás Pichel lócese no Mundial de Tríatlon de Longa Distancia

O pasado sábado día 4 de maio de 2019 a localidade de Pontevedra acollía dentro do ITU Multisports https://pontevedra2019.org/itu/, o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia (3 k a nado, 108 k de ciclismo e 30 k de carreira a pé). No mesmo tomaba a saída Nicolás Pichel Castro xunto a outros 87 triatletas da súa categoría, o grupo de idade de 35 a 39 anos. Nicolás saía da auga algo rezagado no posto 58º en 35' e 56'' nun segmento de natación que foi reducido a metade da súa distancia inicial pola baixa temperatura da auga. Acto seguido o noso representante rodaba sobre a súa montura en 3h 40' e 54'' para completar os 108 k do tramo ciclista a 30,7 k/h de media marcando o 40º mellor tempo deste sector. Pero sen dúbida o mellor segmento de Nicolás foi o da carreira a pé; 30 k finais que percorreu en 2h 10' e 08'' a unha media de 4' e 21'' o quilómetro para marcar o 4 mellor tempo do segmento e rematar así 23º clasificado cun tempo total de 6h 35' e 58'' despóis de remontar 35 postos ao longo da proba. Moi boa carreira por tanto para o representante da AD.Fogar de Carballo e Oleiros neste Campionato do Mundo de Longa Distancia celebrado en Pontevedra. No apartado de descargas tríatlon desta mesma web podedes ollear os resultados da proba.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso