O Concello de Oleiros subvenciona á AD.Fogar con 2.429,56 euros


 10 Xaneiro, 2020   Tríatlon 

O Concello de Oleiros subvenciona á AD.Fogar con 2.429,56 euros

O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local ven de conceder a Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude e a súa Sección en Oleiros, unha subvención por valor de 2.429,56 euros, 139,41 euros máis que no ano 2018; destinados á práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2019. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Desde a Agrupación Deportiva Fogar presentamos un orzamento de gastos de 47.000,00€ e solicitamos unha axuda por valor de 6.000,00€. O Concello de Oleiros repartíu unha contía total de 87.200€ entre as entidades deportivas sen ánimo de lucro da súa contorna. O prazo de xustificación finalizará o día 28 de febreiro de 2020.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación