O Concello de Oleiros subvenciona as actividades da AD.Fogar


 06 Diciembre, 2016   Triatlón 

O Concello de Oleiros subvenciona as actividades da AD.Fogar
O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local de data 30 de novembro de 2016 ven de conceder a AD.Fogar e a súa Sección en Oleiros unha subvención por importe de 1.227,27€ para a práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2016. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas e xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Dende a AD.Fogar presentouse un orzamento de gastos de 55.158,00€ e solicitouse unha axuda por valor de 6.000,00€. O prazo de xustificación finalizará o vindeiro venres día 16 de decembro de 2016. 
Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de triatlón     Federacion española de natación     Federacion gallega de triatlón     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso