O Galego de Ácuatlon saldouse con tres medallas para o Fogar


 14 Setembro, 2018   Tríatlon 

O Galego de Ácuatlon saldouse con tres medallas para o Fogar

O pasado fin de semana disputábase na localidade pontevedresa de Combarro unha nova edición do Campionato Galego de Acuatlón en todas as súas categorías, proba na que tomaban parte seis dos triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que callaban unha moi boa actuación tras facerse con tres medallas. As de Paulo Rivas e Manuel Souto como campións galegos das categorías benxamín e alevín respectivamente e a de Alberto Tomé como subcampión galego da categoría júnior. Ademais na categoría alevín Adrián Sancho era 8º, na infantil Sergio Soto terminaba 7º e na cadete David Sancho acadaba a 13ª praza. Os resultados dos nosos triatletas poden consultarse no aparatado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso