O Nacional de Dúatlon de Alcobendas moviliza 10 d@s nos@s


 21 Abril, 2021   Tríatlon 

O Nacional de Dúatlon de Alcobendas moviliza 10 d@s nos@s

A localidade de Alcobendas acollerá a vindeira fin de semana do 24 e 25 de abril, o Campionato de España de Dúatlon nos formatos de contrarreloxo por equipos (sábado) e remudas (domingo); probas puntuables para a Liga Nacional Talento na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros militamos na 2ª división masculina e feminina entre os 30 mellores equipos do panorama nacional nas categorías cadete e xuvenil. O evento adaptaráse ás circunstancias sanitarias na contorna do Parque de Andalucía e o interior do recinto ferial da localidade madrileña o que permitirá aos deportistas e o persoal gozar dun marco totalmente seguro. Neste marco de medidas extraordinarias motivadas pola pandemia da covid19, a totalidade d@s nos@s deportistas cos técnicos Daniel Polo e Román Rey á fronte, pasarán un crivado de antíxenos previo ao seu desprazamento e estancia en Alcobendas a cargo do clube. Desta volta desprazaremos a 10 d@s nos@s deportistas, das que 5 pertencen ao equipo feminino e outros 5 ao masculino. Toda a información destes Nacionais de Dúatlon 2021 pode consultarse na páxina da Federación Española de Tríatlon nas seguintes ligazóns: 
https://triatlon.org/evento/?alias=2021-cto-esp-duatlon-por-clubes-alcobendas-talento
https://triatlon.org/evento/?alias=2021-cto-esp-duatlon-relevos-talentos-alcobendas

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.