Os nosos xogaránse o título da 2ª División Nacional en Roquetas


 27 Xuño, 2021   Tríatlon 

Os nosos xogaránse o título da 2ª División Nacional en Roquetas

A pasada fin de semana disputábase na Coruña o Campionato de España de Tríatlon por Substitucións Mixtas, proba reservada ás categorías cadete e xuvenil que conforman a Liga Nacional Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 2ª divisional nacional masculina e feminina. O noso equipo masculino que chegaba como líder da categoría logo das xornadas de Alcobendas e Valladolid, perdía o liderato na Coruña en favor do CT. Ferrol que suma agora 145 puntos polos 142 dos nosos e os 141 do CT. 401; polo que o título decidirase o 11 e o 12 de setembro na última xornada de Roquetas de Mar coa contra o reloxo e a substitución por equipos de tríatlon. En canto as nosas seguen a ocupar unha cómoda 7ª praza o que lles garante o obxectivo da permanencia nesta segunda división feminina para a tempada 2022. No referente a nosa participación no Campionato de España de Tríatlon por Clubs da Coruña no que tomamos parte na 3ª división absoluta masculina, cabe destacar a 12ª praza dos nosos entre os 24 equipos da categoría; capitaneados unha vez máis por un gran Andrés Prieto que remaba 5º na loita pola victoria individual final. Os resultados da Coruña podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.