Ouro de Andrés Prieto no Nacional de Tríatlon Sprint de Cartaxena


 04 Outubro, 2022   Tríatlon 

Ouro de Andrés Prieto no Nacional de Tríatlon Sprint de Cartaxena

O pasado sábado día 1 de outubro oito d@s nos@s triatletas tomaban parte na localidade murciana de Cartaxena no Campionato de España de Tríatlon Sprint; Andrés Prieto e Pedro López na categoría júnior e Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto, Oscar Alberte e Irea Alén na cadete. As nove da mañán arrincaban as series preliminares cadetes nas que Hugo con 22'55'', Adrián con 22'57'', Joel con 23'16'', Manuel con 23'27'' e Irea con 25'45'' acadaban o seu pase para a final; e as once, Andrés e Pedro facían o propio con 21'13'' e 21'17'' respectivamente nas preliminares júnior. A partires das doce disputábanse as finais nacionais das distintas categorías onde Andrés Prieto gañaba con autoridade a proba júnior proclamándose Campión de España cun tempo de 20'00'' mentres que Pedro López remataba 19º con 21'15''. Na proba cadete os mellores resultados d@s nos@s eran para Hugo Souto, 5º con 21'43'', Irea Alén 17ª con 25'35'', Adrián Sancho 23º con 22'34'' e Joel Barcia 30º con 22'58''. Por equipos os nosos cadetes foron 4º a un banzo do podio. Resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.   

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.