Valladolid acolle o Nacional de Remudas Mixtas da Liga Talentos


 19 Maio, 2021   Tríatlon 

Valladolid acolle o Nacional de Remudas Mixtas da Liga Talentos

Valladolid acollerá o vindeiro domingo día 23 de maio, o Campionato de España de Dúatlon no formato de remudas mixtas; proba puntuable para a Liga Nacional Talento na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros militamos na 2ª división masculina e feminina entre os 30 mellores equipos do panorama nacional nas categorías cadete e xuvenil. Logo da 1ª xornada desputada en Alcobendas, os nosos rapaces lideran a clasificación provisional na loita polo títalo e o ascenso a 1ª división; mentres que as nosas rapazas están a defender a 8ª posición dentro do seu obxectivo de manter a categoría. Desta volta @s nos@s catro representantes serán Elena Haz, Hugo Souto, Irea Alén e Pedro López, que viaxarán as ordes do seu adestrador, Daniel Polo. Toda a información destes Nacionais de Dúatlon por Remudas Mixtas pode consultarse na páxina da Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón: https://triatlon.org/evento/?alias=2021-cto-esp-duatlon-relevos-mixtos-valladolid

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.