A Carballo Calero acolle mañá a 4ª Xornada da Liga Galega Benxamín


 20 Febreiro, 2026   Natación 

A Carballo Calero acolle mañá a 4ª Xornada da Liga Galega Benxamín

Mañá á tarde dispútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a cuarta xornada da Liga Galega Benxamín na que toman parte @s nen@s nad@s nos anos 2015 e 2016. A competición desenvolverase desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do, CN.Arzúa que compite con 5 nadadores-as, o CN.Liceo que o fai con 17, o CN.Culleredo con 9, o CN.Ordes con 5, o CN.Coruña con 15, o CN.Arteixo con 12, o C. do Mar con 9 e o SC.Casino con 5, @s que hai que sumar a@s nos@s. Para esta rolda @s do Fogar aliñaremos un equipo composto por 9 nadadoras-es, das cales 8 pertencen á categoría feminina e 1 á masculina, entre os que nadarán 14 probas a título individual. O programa de probas da xornada inclúe os 100 e 200 metros libres, os 150 metros bolboreta-costas-braza, os 100 metros estilos e a remuda mixta dos 4x50 metros estilos. A nosa convocatoria e a listaxe de saídas desta cuarta rolda da Liga Galega de Natación Benxamín están penduradas no apartado descargas natación desta mesma web. Vela aquí tedes tamén a CLASIFICACIÓN PROVISIONAL, na que estamos a ocupar a 18ª praza dos 29 equipos participantes.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar