13 dos nosos nadadores acoden ao Galego Infantil e Júnior de Inverno


 21 Febreiro, 2019   Natación 

13 dos nosos nadadores acoden ao Galego Infantil e Júnior de Inverno

Desde mañá, venres día 22 de febreiro de 2019 e ata o vindeiro domingo día 24, trece nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Infantil e Júnior de Inverno a celebrar na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense sobre 50 metros e 8 rúas. O torneo autonómico contará coa presenza de 25 equipos e o concurso de 312 nadadores e nadadoras, dos que 157 son homes e 155 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 13 deportistas, Laura Martínez, María Garrido, Marta González e Nana Suárez na categoría feminina e Xoan Toja, Alejandro Méndez, Ángel Tomé, Pedro Fraga, Andrés Prieto, Brais Fraga, Daniel Pardo, David Sancho e Miguel Abelenda na masculina; entre os que nadarán un total de 39 probas a título individual e as 6 substitucións por equipos da categoría infantil masculina e feminina. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Infantil e Júnior de Inverno podedes atopala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1789; ademais achéganse a esta noticia a nosa convocatoria, e as listaxes de saídas do propio campionato.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte     Diputacion da Coruña     Concello de Carballo     Patronato deportivo de Carballo     Concello de Oleiros     Oleiros Deporte     Federación española de tríatlon     Federacion española de natación     Federacion gallega de tríatlon     Federación gallega de natación     Carballo a un Paso