A 2ª Xornada da Liga Galega Benxamín nádase na Carballo Calero


 19 Decembro, 2019   Natación 

A 2ª Xornada da Liga Galega Benxamín nádase na Carballo Calero

O vindeiro sábado día 21 de decembro de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero, en Carballo; será a sede que acolla en horario de tarde, a 2ª das xornadas da Liga Galega Benxamín con 9 equipos en liza e 126 nadadores e nadadoras. Logo da 1ª xornada @s da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros somos 10º da clasificación conxunta dos 32 equipos que compoñen esta categoría dos máis cativos https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/snat/res/liga_gal_benx/clas.pdf. Para esta 2ª rolda vimos de convocar a un total de 34 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 12 pertencen á categoría feminina e os 22 restantes á masculina. @s nos@s esperan como locatari@s poder meterse na loita entre os 8 melllores equipos da categoría, o que lles daría dereito a desputar a Copa Galega polos 8 primeiros postos. Nesta segunda rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos costas e braza e os 100 metros costas, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres masculino e feminino e os 4x50 metros estilos mixtos; en confrontación directa cos equipos do CN.Arteixo, CN.Coruña, Club do Mar, CN.Culleredo, C.Hércules, CN.Liceo, ADT.Oleiros e Sporting C.Casino. Achéganse a esta nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s rapaces e rapazas, como a listaxe de saídas da xornada.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso
Federación española de tríatlon Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación