O Galego Absoluto de Inverno moviliza 13 d@s nos@s nadadore-as


 01 Xaneiro, 2021   Natación 

O Galego Absoluto de Inverno moviliza 13 d@s nos@s nadadore-as

Desde o domingo día 3 e ata o martes día 5 de xaneiro de 2021, trece nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto de Inverno que se disputa sobre 25 metros na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur da localidade de Pontevedra. O torneo autonómico contará coa presenza de 22 equipos e o concurso de 253 nadadores e nadadoras, dos que 134 son homes e 119 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 13 deportistas, Elena Haz, Elisa Pichel, Lara González e Nana Suárez en categoría feminina e Adrián Martínez, Andrés Prieto, Carlos Iglesias, Christian Varela, Daniel Pardo, Manuel Verdes, Miguel Abelenda, Pablo Negreira e Simón Rey na masculina; entre os que nadarán un total de 29 probas a título individual e as 10 substitucións por equipos nas categorías masculina e feminina. Dentro das medidas extraordinarias motivadas pola covid19 a totalidade da expedición cos técnicos Héctor García e Román Rey á fronte, realizarán un testado serolóxico a cargo do clube previo ao seu desprazamento e estancia en Pontevedra. Ademáis os equipos femininos e masculinos non manterán contacto algún entre sí posto que as féminas competirán nas tres primeiras sesións do torneo mentres que os homes farano nas tres últimas. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.