Os equipos federados arrincan hoxe en Carballo a Tempada 2020-21


 07 Setembro, 2020   Natación 

Os equipos federados arrincan hoxe en Carballo a Tempada 2020-21

92 deportistas dos nosos equipos federados de natación e tríatlon foron convocados hoxe en Carballo para o comenzo da nova Tempada 2020 - 2021. O novo horario proposto e mesmo a distribución dos grupos, axústase aos protocolos federativos fisicovid deporte galego, as novas restricións sanitarias da nosa área de influencia e as medidas preventivas establecidas por parte do Concello de Carballo e a nosa propia entidade.
Nas seguintes ligazóns podedes atopar os protocolos federativos. 
Protocolo Fisicovid-19 da FEGAN:
https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/noticias/07/20200710_xer_protocolo_covid19/protocolo_e_taboas_fisicovid_fegan_20200707.pdf
Protocolo Fisicovid-19 da FEGATRI:
https://fegatri.org/wp-content/uploads/2020/08/20200814_PROTOCOLO-COVID-FEGATRI_definitiva_FEGATRI_SXD.pdf
E tamén como documento adxunto a esta mesma nova tedes o noso propio protocolo de actuación fronte ao Covid-19 e os novos horario e listados de grupos para este primeiro trimestre desta nova campaña. Facemos saber ademáis aos nos@s asociad@s que seguiremos traballando arreo para que os 218 nen@s das nosas Escolas de Base poidan retomar canto antes a súa actividade. Por último e en nome de tod@s @s que conformamos a Xunta Directiva da entidade queremos agradecer a comprensión, solidariedade, responsabilidade e compromiso que estan a demostrar @s soci@s do clube; porque grazas ao esforzo conxunto de tod@s continuamos á boia sen deixarnos a ninguén atrás 💪💪💪

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.