1 Medalla e 2 récords nos Galegos Sub16 PC e Trail Running


 25 Febreiro, 2025   Atletismo 

1 Medalla e 2 récords nos Galegos Sub16 PC e Trail Running

Catro d@s nos@s atletas tomaron parte a pasada fin de semana en dúas das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. O sábado no Campionato Galego Sub 16 en pista curta celebrado na Expourense, Ana Ézara foi 8ª na proba dos 600 m.l. mellorando o anterior rexistro dos 15 anos do club cunha marca de 1:45.96. Neste mesmo campionato Adrián Fuentefría bateu o rexistro dos 14 anos do club nos 1.000 m.l. cun tempo de 2:54.03 rematando na 12ª praza. O domingo no Concello de Ames e con motivo da disputa do Campionato Galego de Trail Running Preclassic, Nuno Moure acadou a medalla de prata na categoría sub 20 e Ana Ézara rematou 8ª na sub 16. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.