1 Medalla e 3 récords nos Galegos Sub18 e Sub20 de Pista Curta


 17 Febreiro, 2025   Atletismo 

1 Medalla e 3 récords nos Galegos Sub18 e Sub20 de Pista Curta

Oito d@s nos@s atletas tomaron parte a pasada fin de semana en dúas das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. O sábado no Campionato Galego Sub 18 en pista curta celebrado na Expourense, Michel Núñez fíxose coa medalla de ouro na proba dos 3.000 m.l. mellorando o anterior rexistro dos 17 anos do club cunha marca de 9:18.25. Neste mesmo campionato Líam Hernández bateu o rexistro dos 16 anos do club nos 400 m.l. cun tempo de 0:59.09 rematando na 13ª praza; mesma proba na que o seu compañeiro Kevin Pallas foi 9º. Compre destacar tamén as carreiras nos 1.500 m.l. de Lucas Prada, 9º clasificado e María Brandón, 13ª clasificada. O domingo no mesmo escenario e con motivo da disputa do Campionato Galego Sub 20, Nuno Moure bateu o récord absoluto do club nos 3.000 m.l. cun tempo de 8:57.72 que lle valeu para rematar na 4ª praza a tan só 5 décimas do bronce. Ademáis Iago Prada foi 5º nos 1.500 m.l. e Pedro Mesejo 12º nos 200 m.l. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.