10 dos nosos sub 16 e 18 acoden ao Nacional de Campo a Través


 16 Novembro, 2023   Atletismo 

10 dos nosos sub 16 e 18 acoden ao Nacional de Campo a Través

Logo de acadar a clasificación nacional por equipos en Cangas de Foz como Campións Galegos sub16 e Subcampións Galegos sub18; Roque González, Michel Núñez, Joel Barcia, Óscar Alberte e Líam Hernández no equipo sub16 e Anxo Bello, Iago Prada, Nuno Moure, Hugo Souto e Adrián Sancho no equipo sub18 son os atletas chamados a representarnos no Campionato de España de Campo A Través por Clubs a celebrar o domingo día 19 de novembro na localidade de Soria onde tomarán parte 430 equipos e máis de 2200 atletas. Os da AD.Fogar de Carballo é Oleiros que tomaremos parte por terceiro ano consecutivo na categoría sub16 e debutaremos este ano cun equipo sub18, viaxamos a Soria coa intención de loitar cos 20 mellores equipos de España. Nesta 58ª edición do Campionato de España de Campo a Través por Clubs disputaránse 11 carreiras retransmitidas na plataforma de streaming LaLigaPlus, así como en televisión en Canle 9 Soria e na web de RTVE Play. 
https://www.rtve.es/play/videos/directo/deportes/atletismo-cross-campeonato-espana-campo-a-traves/
CON OU SEN PISTAS DE ATLETISMO NOS AO NOSO !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.