Mañá sábado día 25 de xuño a Federación Galega de Atletismo organizará, co patrocinio do concello de Lourenzá e a colaboración do club Esolas Deportivas Lourenzá, o Campionato Xunta de Galicia Absoluto, Máster, Sub23, Sub20 e Sub18 de Milla en Ruta, así como o Sub16, Sub14, Sub12 e Sub10 de 1 Qm ao que acudirán preto de douscentos cincuenta atletas. Sobre un trazado urbano, as distintas probas iranse sucedendo desde as 16:30 ate as 19:30 horas, momento no que se dará a saída a última carreira correspondente a categoría absoluta masculina. No que ao noso concurso respecta poñeremos en liza a 10 d@s nos@s atletas, 1 da categoría sub18 (José M. Negraira), 6 da categoría sub16 (Anxo Bello, Berket López, Carla Doldán, Julia Pose, Michel Núñez e Tesfaye Chao) , 1 da categoría sub14 (Manuel Reino), 1 da sub12 (Iago Bello) e outro da sub10 (Sergio Reino).