A segunda tempada para a Sección de Atletismo da AD. Fogar promete, o pasado sábado día 9 de outubro de 2021, 18 d@s nos@s atletas tomaban parte na XI Carreira Popular Pedestre "Tordoia In Essence 2021"; proba na que callaban unha máis que destacada actuación subindo ata en dez ocasións ao caixón d@s mellores. Na categoría sub10 Sergio Reino e Iago Bello colgábanse a medalla de prata e a medalla de bronce respectivamente, na sub12 Manuel Reino a de ouro e Lola Freire a de bronce e na sub14 Carla Doldán e Michel Nuñez a de bronce. Pero os mellores resultados para os de Carballo e Oleiros chegarían na categoría sub16 coa medalla de bronce feminina de Andrea Lamas e o triplete masculino, ouro para Anxo Bello, prata para Chema Negreira e bronce para Berket López. Resultados que podedes consultar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.