Mañá sábado día 11 de febreiro de 2023, trece atletas de base das nosas Escolas de Atletismo en Carballo e Oleiros correrán a Final Provincial de Campo A Través Escolar do Programa Xogade que se desputa en horario matinal no Circuíto de Mondego, Sada. Para a cita lograron a súa clasificación na fase previa intercomarcal do Burgo @s benxamíns Valeria Alén, Tadeo Suárez e Nuno Barcia, @s alevíns Xiana Faya, Yago Núñez, Sergio Reino, Iago Bello, Mateo Añón, Martín Cid e Abel Antelo, @s infantís Irene Santomé e Manuel Reino e a cadete María Puga.
Compre subliñar tamén os bos resultados d@s nos@s no Campionato Galego de Campo A Tráves sub10 a sub18 organizado o pasado 28 de xaneiro en Ribadavia pola FGA. A título individual @s mellores foron, Irene Santomé que remataba 19ª na categoría sub14, Oscar Alberte e Joel Barcia que foron 9º e 10º respectivamente na categoria sub16 e os sub18 con Anxo Bello 6º, Iago Prada 12º e Adrián Sancho 17º. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.