14º posto de Roque González no Nacional Sub18 de Castellón


 13 Xullo, 2025   Atletismo 

14º posto de Roque González no Nacional Sub18 de Castellón

O pasado 5 de xulllo Roque González Batán (2008) representounos no Campionato de España de Atletismo sub 18 en pista ao aire libre que tivo lugar na Pista Gaetá Huguet de Castellón. Roque tomou parte na final dos 3.000 m.l. na que rematou 14º con un tempo de 9:04.32; lonxe dos 8:45.66 que o nosos acreditou o pasado 8 de xuño na terceira das xornadas das Series Municipais de Vigo. Con esta marca de 8:45.66 Roque non só acadara a mínima para participar no nacional se non que establecía un novo récord absoluto do club nesta distancia dos 3.000 m.l. Os resultados deste nacional sub 18 ao aire libre de Castellón están pendurados no apartado de descargas atletismo desta mesma web. 
#AINDASENPISTAHAIATLETISMO

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.