@s nos@s atletas seguen sumando experiencia competitiva e bos resultados nesta nosa segunda tempada atlética. Esta mesma semana puidemos tomar parte con 10 atletas na 1ª Xornada do Coruña Corre en Pista de Riazor e outros 5 no Campionato Galego Sub16 en Pista Cuberta de Ourense. O martes na proba de Riazor @s nos@s sumaban 11 mellores marcas do club nas categorías dos 12, 14, 15, 16 e 17 anos e nos concursos de lonxitude e peso, e nas probas dos 50 metros lisos e valos, e os 300, 600 e 1500 metros lisos. Onte en Ourense os nosos correron a moi bo nivel logrando 4 mellores marcas do club e 2 medallas de bronce, as de Irea Alén e Anxo Bello nos 3000 metros. Convén destacar tamén que Anxo cun tempo de 9.27.73 quedábase a menos de 3 segundos da mínima nacional. Ademais destas 2 mellores marcas do club de 15 anos nos 3000 metros masculino e feminino, Berket López establecía a mellor marca dos 15 anos nos 1000 metros e Tesfayé Chao a dos 14 anos nos 300 metros. Os resultados destas 2 probas podédelos atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.