2 Medallas e 2 récords do club nos Galegos Sub10-12 e Sub18


 12 Xuño, 2024   Atletismo 

2 Medallas e 2 récords do club nos Galegos Sub10-12 e Sub18

Seis d@s nos@s atletas tomaron parte a pasada fin de semana en dúas das frontes competitivas do calendario rexional de atletismo. O sábado no Campionato Galego Sub10-12 ao aire libre celebrado nas instalacións de Elviña en A Coruña, Pablo Iago García de 11 anos bateu a mellor marca do club da súa idade na proba dos 60 m.l. cun tempo de 9''33. O domingo con motivo da disputa do Campionato Galego Sub18 ao aire libre celebrado nas instalacións de Balaídos en Vigo, Iago Prada acadaba a medalla de ouro na proba dos 3.000 m.l. mentres que Roque González se facía coa prata nos 2.000 m.o. establecendo a mellor marca do club dos 16 anos cun tempo de 6'39''96. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.  
Records Atletismo AD. Fogar

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.