20 d@s nos@s atletas de base acoden ao Intercomarcal de Cros


 13 Xaneiro, 2023   Atletismo 

20 d@s nos@s atletas de base acoden ao Intercomarcal de Cros

Mañá sábado día 14 de xaneiro de 2023, vinte atletas de base das nosas Escolas de Atletismo en Carballo e Oleiros, correrán en horario matinal no Circuíto de Acea da Má, O Burgo, lugar onde se celebra a Fase Intercomarcal do Campo A Través Escolar do Programa Xogade. Para a cita lograron a súa clasificación na fase previa de Mondego @s benxamíns Valeria Alén, Tadeo Suárez e Nuno Barcia, @s alevíns Xiana Faya, Yago Núñez, Sergio Reino, Iago Bello, Mateo Añón, Martín Cid e Pablo García, @s infantís Irene Santomé, Ana Ézara, Manuel Reino, Manuel López, Iago Pérez, Juan Giráldez, Telmo Fernández e Diego Souto e as cadetes María Puga e Inés Duarte. 

Compre subliñar tamén os bos resultados d@s nos@s no Control de Marcas en Pista Cuberta organizado o pasado sábado en Ourense pola FGA. Na Pista da  Expourense Diego Grille establecía os rexistros absolutos do clube nos 60 e os 400 m.l. Pedro Mesejo batía a nosa mellor marca dos 17 anos nos 60 m.l. Andrea Lamas tamén na categoría dos 17 anos establecía as mellores marcas do clube dos 60 e os 400 m.l. e Asdrúbal Barca na categoría dos 16 anos facía o propio nos 3.000 m.l. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.