O vindeiro sábado día 28 de xaneiro de 2023 vinte e catro d@s nos@s atletas tomarán parte en Ribadavia no Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de Menores e no Campionato de Galicia Sub18 e Sub16 de Campo a Través Individual. Desta volta competiremos cun equipo de dezaoito mozos (1 sub10, 5 sub12, 5 sub14, 3 sub16 e 4 sub18) e seis mozas (2 sub12, 3 sub14 e 1 sub16). O programa da xornada desenvolveráse do seguinte xeito, sobre un circuíto de 800 metros sairán ás 10:45 horas a categoría sub10 feminina e ás 10:55 horas a sub10 masculina; sobre 1.300 metros sairán ás 11:05 a sub12 feminina e ás 11:20 a sub12 masculina; sobre 1.800 metros sairán ás 11:35 a sub14 feminina e ás 11:50 a sub14 masculina; sobre 4.000 metros sairán ás 12:10 a sub16 feminina e ás 12:35 a sub16 masculina e sobre 5.000 metros sairán ás 13:00 a sub18 feminina e ás 13:30 a sub18 masculina. A convocatoria d@s nos@s está dispoñible en descargas atletismo desta mesma web.
Compre sinalar tamén que o pasado domingo no Control solidario da FGA en favor de Gustavo Dacal, o noso atleta Iago Praga establecía a mellor marca do clube de 16 anos na proba dos 800 m.l. ao aire libre cun tempo de 2'06''33 o que lle valía para ser 4º absoluto, resultado que podedes atopar en descargas da nosa web.