A fin de semana do 27 e 28 de maio, nove d@s nos@s atletas tomaban no Campionato Galego de Atletismo sub 16 e sub 18 ao aire libre desputado na pista universitaria de Elviña en A Coruña. Na sesión do sábado a mañá chegaban os dous primeiros podios sub 18 coa medalla de prata de Anxo Bello, e a de bronce de Hugo Martínez na proba dos 3.000 m.l. Os nosos con 9:14.93 e 9:34.75 establecían tamén as mellores marcas do club dos 16 e os 17 anos respectivamente. Na sesión do sábado á tarde Chema Negreira no concurso de altura e Andrea Lamas nos 400 m.l. facíanse coas medallas de bronce sub 18. Andrea Lamas que tamén disputou a semifinal dos 100 m.l. bateu os récords do club dos 17 anos das dúas distancias con 13.66 e 1:00.55. Outro dos destacados do sábado foi Pedro Mesejo, 4º clasificado nos 100 e os 200 m.l. sub 18, proba esta última na que melloraba o anterior rexistro do club dos 17 anos con 23.78. O último dos récords foi o do cuarteto masculino sub 18 dos 4x100 m.l. que con Anxo Bello, Pedro Mesejo, Chema Negreira e Iago Prada paraban o crono en 48.29 para ser quintos.
@s ATLETAS DE CARBALLO BEN MERECEN A INSTALACIÓN PROMETIDA ONDE PODER DESENVOLVER A PRÁCTICA DO ATLETISMO EN CONDICIÓNS DIGNAS !!