Xiana Faya (sub10) e os irmáns Sergio (sub10) e Manuel Reino (sub12) son os tres atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que tomarán parte mañá en sesións de mañán e tarde, no Campionato Galego sub10 e sub12 que se disputa na pista descuberta da localidade de Noia. Na sesión sub12 da mañá, Manuel Reino participará na proba dos 500 m.l. Xa pola tarde no turno reservado para @s sub10, Xiana Faya correrá os 50 m.l. e Segio reino os 1.000 m.l. O mesmo domingo pero nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra, representarannos Berket López nos 1.000 m.l. e José M. Negreira nos 1.000 m.l. e o concurso de altura no Control Federado de Marcas da categoría sub16. Aproveitamos para informar de que a nosa Sección de Atletismo manterá os seus adestramentos no verán ata mediados do mes de agosto.