Logo da nosa estrea do pasado 16 de xaneiro no Control de Marcas da localidade de Noia no que tomábamos parte con 4 atletas; Martina Santomé da categoría sub10, Tesfayé Chao da sub 14 e Berket lópez, Irea A. Alén, José M. Negreira e Mateo Castro da sub 16, tomarán parte mañán sábado día 27 de febreriro de 2021 no 2º Control de Marcas de Inverno en Pista ao Aire Libre nas instalacións de atletismo do CGTD de Pontevedra. Tesfayé concursará nas probas de altura pola mañán e os 500 metros pola tarde, proba na que competirá tamén Martina. Os demáis faráno nas probas de 600 metros no caso de Mateo e nos 1.000 metros nos casos de Berket, Irea e José Manuel, todos eles en horario de tarde. Todo o referente a este Control Federado de Marcas ao Aire Libre podédelo consultar na seguinte ligazón federativa: INFORMACIÓN DO EVENTO