O vindeiro domingo día 30 de outubro de 2022 sete dos nosos atletas sub16 masculinos tomarán parte en A Rúa no Campionato Xunta de Galicia de Campo A Través Sub 16 por equipos; proba clasificatoria para o Campionato de España por equipos desta modalidade que se celebrará o domingo día 13 de novembro na localidade burgalesa de Atapuerca. Desta volta os nosos sete representantes serán Anxo Bello, Hugo Souto, Berket López, Michel Nuñez, Adrián Sancho, Joel Barcia e Oscar Alberte. Os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos o pistoletazo de saída as 11:20 horas e loitaremos polo podio da carreira cos atletas dos equipos da Atlética Lucense, A Purísima, o Atletismo Narón e a Viguesa de Atletismo.