Andrea Lamas (2006), Anxo Bello (2007), Asdrúbal Barca (2007), Hugo Martínez (2006), Iago Prada (2007), José Manuel Negreira (2006), Sara Gabín (2007) e Pedro Mesejo (2006) son os oito d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que tomarán parte mañán nas instalacións da Expourense, no LXVI Campionato Xunta de Galicia Sub18. @s nos@s representantes acoden á proba coa intención de mellorar as suás respectivas marcas persoais e codearse c@s mellores atletas da categoría; Andrea nos 60 e os 400 m.l., Anxo e Hugo nos 3.000 m.l., Asdrúbal e Iago nos 1.500 m.l., José Manuel en altura, Sara nos 800 m.l. e Pedro nos 60 e os 200 m.l. A convocatoria d@s nos@s está a dispor no apartado descargas atletismo desta mesma web.