9 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Elviña e Pontevedra


 05 Maio, 2023   Atletismo 

9 d@s nos@s compiten esta fin de semana en Elviña e Pontevedra

Mañá sábado día 6 de maio de 2023, Ana Ézara, Iago Pérez, Leo Mafal e Román Ponte, tomarán parte noutra das Xornadas de Atletismo en Pista Escolar do Programa Xogade que se disputa na pista da UDC do Campus de Elviña desde as 10 horas. O programa d@s nos@s inclúe as probas dos 400 e 500 metros lisos, os 2.000 metros marcha, e os concursos de altura, lonxitude e lanzamento de pelota, probas que podedes seguir en directo na seguinte ligazón: http://ranking.atletismo.gal/online/2023/CORUNA/XOGADE060523/. Por outra banda outr@s cinco d@s nos@s acudirán o domingo á pista de atletismo do CGTD de Pontevedra con motivo da súa participación no Control de Marcas da Asociación Deportiva CAR. Paula Amado e Pedro Mesejo nos 100 m.l., Maria Liu nos 300 m.l., Andrea Lamas nos 400 m.l. e Jose M. Negreira nos 400 m.l. e altura, serán os que nos representen. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.