A AD.Fogar estrea a súa sección de atletismo neste 2021


 06 Xaneiro, 2021   Atletismo 

A AD.Fogar estrea a súa sección de atletismo neste 2021

O pasado 19 de decembro de 2020 os socios da AD.Fogar aprobaban en Asemblea Xeral Extraordinaria a modificación dos estatutos da entidade e con eles o visto e prace a unha nova sección deportiva, a de Atletismo. Esta nova inquietude xorde da necesidade dalgúns dos nosos triatletas para progresar no segmento de carreira a pé e calla grazas ao proxecto do Club Atletismo Carballo que tocaba o seu fin ao non poder formar directiva logo de sete anos de existencia. Deste xeito desde o día 1 de xaneiro de 2021 a AD.Fogar forma parte da Federación Galega de Atletismo e conta nas súas filas con 36 licenzas, 32 delas do CA.Carballo as que sumamos xa outras 4 propias neste primeiros días do ano. Esta nova sección conta coa Dirección Técnica de Alejandro López Pardo que ven dirixindo os adestramentos presenciais no Pavillón Vila de Noia e as Pista do Chorís en Carballo desde o pasado mes de outubro en horario de luns, mércores e venres de 16:30 a 17:20 horas para as categorías sub8 e sub10, de 17:20 a 18:10 para @s atletas sub12 e sub14 e de 18:10 a 19:00 horas para @s sub16 e sub18; mentres que os máster fano so o mércores de 20:00 a 21:00 horas. AINDA DISPOÑEMOS DE PRAZAS PARA CORRER, SALTAR E LANZAR CONNOSCO EN CARBALLO, CONTÁCTANOS.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.