A pasada fin de semana 14 d@s nos@s atletas tomaron parte na 10K de Os 10.000 Peregrinos en Santiago de Compostela e na 3ª Xornada Escolar de Atletismo en Pista de A Coruña; eventos onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación. En Santiago de Compostela, Anxo Bello da categoría sub 18 dábanos outra alegría batendo a mellor marca galega e do clube dos 10 quilómetros en ruta parando o crono en 33'54'' como 1º clasificado da súa categoría e 14º da xeral. Nesta mesma proba Nuno Moure foi 1º sub 20 e 12º da xeral batendo a mellor marca absoluta do club cun tempo de 33'43'' e Alberto Tomé rematou 10º sénior e 31º da xeral logo de correr a distancia en 35'54''. Na xornada escolar de A Coruña, Pablo Iago García nos 60 m.l. 11 anos (9''48), Alba Suárez en lonxitude 11 anos (2.81), Xiana Faya en disco 12 anos (11.97) e Keltia Gómez en altura 13 anos (1.05), melloraron os anteriores rexistros do clube nas súas respectivas idades. No apartado descargas atletismo e máis escola desta mesma web podédes consultar os resultados. A vindeira cita para 8 d@s nos@s será o 13 de abril no I Control de Marcas do Atletismo Sada e o Atletismo Coruña Comarca a celebrar na Pista Universitaria de Elviña.