A pasada fin de semana doce d@s nos@s atletas tomaron parte no Control de Marcas do C.A. Riazor celebrado en Elviña e tamén no Campionato Galego Sub14 ao Aire Libre disputado en Lugo; eventos onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación. No control de marcas de Elviña, Ana Ézara de 14 anos, María Brandón de 15 e Líam Hernández tamén de 15, bateron os mellores rexistros do club das súas respectivas idades na proba dos 600 m.l. mentres que José M. Negreira mellorou o rexistro absoluto dos 110 m.v. No Galego Sub14 @s que bateron as mellores marcas do club das súas respectivas idades foron, Abel Antelo de 12 anos e Natalia Vázquez de 13 na proba dos 500 m.l., Adrián Fuentefría de 13 anos nos 1.000 m.l., Iago Bello de 12 anos nos 2000 m.l. e Xiana Faya tamén de 12 anos no lanzamento de peso. No apartado de descargas atletismo desta mesma web podédes consultar os resultados destas dúas probas.