Antonio Remuiñan 1º medallista da Sección de Atletismo do Fogar


 22 Marzo, 2021   Atletismo 

Antonio Remuiñan 1º medallista da Sección de Atletismo do Fogar

Antonio Remuiñán (1950) abría unha nova páxina na historia da A.D. Fogar, facíao nos Campionatos Galegos de Medio Fondo e Fondo da categoría máster celebrados o pasado domingo na Pista de Atletismo do C.G.T.D. de Pontevedra. O noso atleta da man do seu adestrador Alejandro López, estreaba o medalleiro da nosa nova sección de atletismo cun hat trik de ouros; os que acadaba nas tres probas nas que participaba na categoría de 70 a 74 anos, os 400 m.l. (1:25.81), os 800 m.l. (3:21.48) e os 1500 m.l. (6:39.50). Pola súa banda Tesfayé Chao (2008) da categoría sub14, remataba o sábado na 4ª praza do concurso de altura do Campionato Galego de Pista Cuberta de Ourense. Tes que saltou á primeira 1.25 e 1.29 metros, e a pesar de acreditar esta tempada unha mellor marca persoal de 1.36, non foi quen de superar o listón na altura de 1.34 nos seus tres intentos. Os resultados dos nosos podédelos atopar no apartado descargas da sección de atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar