Antonio Remuiñán compite hoxe e mañá no Nacional Máster en PC


 27 Novembro, 2021   Atletismo 

Antonio Remuiñán compite hoxe e mañá no Nacional Máster en PC

Antonio Remuiñán Sánchez (Carballo, 1950) compite hoxe e mañá no XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta que terá lugar na Pista Cuberta da Cidade das Burgas en Ourense. Máis de 1.000 atletas son @s que tomarán parte nesta importante cita do calendario nacional na que tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla non estarán representadas. Por número de participantes, Galicia será a Comunidade que máis atletas presente cun total de 219 seguida de Madrid con 181 e de Catalunya cun total de 120. En canto á participación por clubs están representados un total de 217 e os máis numerosos por número de inscritos son o Club Atletismo Sada (29), seguido do Playas de Castellón (22), o Atletismo Samertolameu (16), o Track Cross Road Team (14), o Club Atletismo Narón e o Ourense Atletismo (13) e o Barcelona At. (11). A entrada ao público é de balde atendendo á normativa actual vixente na nosa Comunidade respecto aos protocolos COVID-19, cunha capacidade total de 1200 persoas por sesión. O noso representante, que milita na categoría dos 70 aos 74 anos, tomará parte hoxe ás 18:45 horas na proba dos 60 metros lisos e mañá ás 10:05 horas na dos 200 metros lisos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.