Antonio Remuiñan compite mañán no Galego Máster de Atletismo


 28 Maio, 2021   Atletismo 

Antonio Remuiñan compite mañán no Galego Máster de Atletismo

Antonio Remuiñán Sánchez (Carballo, 1950) compite mañán no XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao Aire Libre que terá lugar nas instalacións do C.G.T.D. de Pontevedra grazas á aposta do Concello polo deporte en xeral e o atletismo en particular. Preto de seiscentos atletas son @s que tomarán parte nesta importante cita do calendario galego na que unha vez máis as medidas de seguridade e control volverán a ser as protagonistas que garantan en todo momento a plena seguridade d@s atletas. O noso representante, da man do seu adestrador Alejandro López, tomará parte nas probas dos 200 e os 1500 metros da categoría dos 70 aos 74 anos, distancias nas que espera voltar a subir ao caixón dos mellores como xa fixera no pasado mes de marzo nos Galegos de Medio Fondo e Fondo cando se proclamara Tricampión Galego da súa categoría nos 400, os 800 e os 1500 metros.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar