Anxo Bello Rodríguez da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, ven de ser convocado pola Federación Galega de Atletismo para tomar parte no Campionato de España de Campo a Través Escolar sub16 e sub18 a celebrar o vindeiro domingo día 19 de marzo en Pamplona. Na categoría masculina sub18 ademáis de Anxo Bello o combinado galego estará representado por Teo de Frutos, Asheber Díaz, Miguel Alvariño, Pepe Sánchez del Valle e Iker Fernández, un grupo con moitísimo talento.
Ademáis de Anxo, catro d@s nos@s atletas máis nov@s tomarán parte este sábado na Pista da Universidade de Elviña, na primeira xornada do Atletismo en Pista Xogade do presente curso escolar 2022 - 2023. Román Ponte da categoría benxamín fará os 50 metros lisos e o concurso de lonxitude, @s alevíns Mateo Añón e Xiana Faya os 60 lisos e lonxitude e os 60 lisos e peso respectivamente e a infantil Ana Ézara os 1.000 metros lisos. Ambas as dúas convocatorias están dispoñibles no apartado de descargas escola e atletismo desta mesma web.