A Federación Galega de Atletismo ven de facer pública a relación de atletas preseleccionad@s para a conformación do combinado galego que acuda ó Campionato de España de Campo a Través Sub 16 e Sub 18 por Federacións Autonómicas a celebrar o vindeiro 27 de xaneiro na localidade madrileña de Xetafe.
A listaxe recolle a dous dos nosos atletas sub 18, Anxo Bello e Iago Prada que podrían ser da partida. Compre matizar que na listaxe figuran máis atletas dos que finalmente formarán parte da Selección co obxecto de coñecer a dispoñibilidade de cada persoa e axilizar así os tempos. Falando de atletismo non queremos esquecer a participación d@s nos@s na Final Galega Escolar de Campo a Través celebrada a pasada fin de semana en Ribadavia, onde as cadetes Irene Santomé (19ª), Ana Ézara (31ª), Inés Duarte (43ª) e María Liu (53ª) remataron 5ª por equipos e o tamén cadete Líam Hernández clasificaba na 44ª posición. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas escola desta mesma web.