No día de onte Anxo Bello da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, corría a final dos 3.000 metros lisos no XXI Campionato de España Sub 16 de Atletismo en Pista ao Aire Libre desputado no Estadio de Atletismo Yago Lamela de Avilés. Anxo que chegaba a localidade asturiana cunha mellor marca de 9:14.32 e a 14º marca de inscrición, callou unha moi boa carreira parando o crono en 9:10.62 para rematar 8º dos 17 atletas que tomaban o pistoletazo de saída. Anxo Bello acadaba así o top 10 na proba, a súa mellor marca persoal e a mellor marca do clube de 15 anos neste seu primeiro Campionato de España en Pista. Os resultados do XXI Campionato de España Sub 16 de Atletismo en Pista ao Aire Libre desputado en Avilés están dispoñibles na sección de descargas atletismo desta mesma web.