Anxo Bello foi convocado pola Federación Galega de Atletismo


 05 Xaneiro, 2024   Atletismo 

Anxo Bello foi convocado pola Federación Galega de Atletismo

Logo de ser convocados pola Federación Galega Atletismo, Anxo Bello e o seu adestrador Álex Pardo tomaron parte na xornada técnica de fondo e medio fondo que tivo lugar o pasado venres día 29 de decembro nas instalacións cubertas da Expourense. O contido da xornada estivo centrado na técnica, a mecánica e a eficiencia da carreira, a frecuencia e amplitude da zancada, a forza explosiva, a exercitación da potencia aeróbica a través do traballo interválico e o ritmo de carreira. Noutro orde de cousas compre subliñar tamén que sete dos nosos correrán o vindeiro domingo día 7 de xaneiro o Campionato Galego de Campo a Través no circuíto de A Veronza en Ribadavia. Na categoría sub 20 representarannos Hugo Martínez e Nuno Moure mentres que na categoría sub18 farano o propio Anxo Bello, Adrián Sancho, Iago Prada, Michel Núñez e Roque González.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.