Así de ben nos foi a fin de semana en Ourense, Xinzo e A Coruña


 10 Marzo, 2024   Atletismo 

Así de ben nos foi a fin de semana en Ourense, Xinzo e A Coruña

As citas da fin de semana para @s atletas de Carballo e Oleiros arrincaba o sábado á tarde con motivo da disputa do Campionato Galego Sub12 e Sub14 en Pista Curta celebrado na Expourense. Alí os nosos representantes Abel Antelo e Iago Bello tomaron parte na proba dos 500 m.l. mellorando os seus rexistros persoais e no caso de Iago establecendo ademáis unha mellor marca do club de 12 anos cun tempo de 1'31''82. No día de hoxe a localidade de Xinzo de Limia acolleu o Campionato Galego dos 10 quilómetros en ruta, proba na que @s nos@s representantes, Nuno Moure e Lara Pincirolli facíanse coas medallas de ouro e prata respectivamente na categoría sub20. Nuno e Lara estableceron tamén as mellores marcas absolutas do club dos 5 e os 10 quilómetros nesta modalidade de ruta. Outro dos nosos representantes no día de hoxe foi Román Ponte, que participou no concurso de salto de altura do Campionato Galego Sub 10 en Pista Curta de A Coruña. Román que partía cunha marca de inscrición de 1.02 metros, non foi quen de saltar máis dos 0.98 metros. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas atletismo desta web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.