Asinado o convenio entre o CA. Coruña Comarca e a AD. Fogar


 23 Marzo, 2023   Atletismo 

Asinado o convenio entre o CA. Coruña Comarca e a AD. Fogar

Hoxe á mañá no auditorio do Forum de Carballo, os presidentes do Club Atletismo Coruña Comarca, José Carlos Tuñas Dugnol e da AD.Fogar, Gustavo Álvarez Nogueira, selaron ás 10 horas o acordo de colaboración entre as entidades ás que representan. Deste xeito e baixo o paraugas da estrutura, o persoal e a experiencia das dúas entidades, os mandatarios comprometéronse a fomentar e dinamizar conxuntamente a práctica deportiva do atletismo en beneficio d@s seus/súas asociad@s, deportistas e as súas respectivas áreas de influencia. Grazas á sinatura do acordo, os clubs non só poderán compartir deportistas para a vindeira tempada, se non que promocionarán tamén desde hoxe a participación en actividades e eventos propios de cada unha das entidades e mesmo levarán a cabo actividades e eventos de maneira conxunta. Desde a AD.Fogar lamentamos a falta de interese polo atletismo por parte da corporación local que non acudiu ao acto.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.