O pasado sábado día 11 de xaneiro, tres d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario rexional; a Final Galega de Campo A Través Escolar e un dos controis federativos de marcas en pista curta. No referente á Final Galega de Cros Escolar celebrada na localidade pontevedresa de Poio, proba que pertence ao Programa Xogade; Iago Bello rematou nunha meritoria 5ª praza na proba infantil logo de completar o percorrido de 2.500 m. Meritoria tamén foi a 12ª praza cadete de Adrián Fuentefría que correu a distancia de 3.000 m. En canto ao Control Federativo de Marcas en Pista Curta desputado na Pista Cuberta da Expourense, Líam Hernández foi 13º nos 400 m.l. cun tempo de 1.00.53 co que establecía unha nova mellor marca do club dos 16 anos, mentres que Nuno Moure correu os 1.500 m.l. rematando na 7ª praza cunha mellor marca persoal de 4.17.01.