Bo concurso d@s nos@s atletas nas series municipais de Vigo


 12 Novembro, 2023   Atletismo 

Bo concurso d@s nos@s atletas nas series municipais de Vigo

@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á altura d@s mellores nos dous últimos frontes competivos desputados os pasados 4 e 12 de novembro. Datas nas que oito d@s nos@s atletas tomaban parte en Balaídos na 3ª e a 4ª xornada das series municipais que compoñen o 7º Circuíto do Concello de Vigo. Na xornada do día 4 de novembro, José M. Negreira batía o mellor rexistro do club dos 17 anos nos 60 metros valos e remataba a proba como 2º clasificado. Na xornada do día de hoxe @s nos@s acadaron un bo lote de novos rexistros destacando os récords do club de José M. Negreira en lonxitude 17 anos, os de Kevin Pallas nos  60 e os 300 metros lisos 15 anos, o de María L. Brandón nos 300 metros lisos 14 anos e o de Ana Ézara nos 300 metros lisos 13 anos. Desta volta os postos de podio foron para Andrea Lamas como 1ª clasificada nos 400 m.l., para María L. Brandón como 2ª clasificada nos 1000 m.l., para José M. Negreira como 2º clasificado no concurso de lonxitude e para Kevin Pallas como 3º clasificado nos 300m.l. Os resultados destas dúas probas tédelos no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
SEN PISTAS NON PODER HABER ATLETISMO !!

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.