O pasado sábado día 6 de marzo de 2021 as instalacións de atletismo do CGTD de Pontevedra acollían o Campionato Galego Sub16 de Medio Fondo ao aire libre; evento no que tomaban parte catro d@s nos@s atletas de Carballo e Oleiros. Pola mañá na proba dos 3.000 metros concursaban José M. Negreira e Berket López que con 10:26.68 e 10:29.13 melloraban os seus rexistros persoais e remataban como 9º e 10º clasificado respectivamente. Xa pola tarde nos 1.000 metros Irea A. Alén tamén melloraba a súa mellor marca cun rexistro de 03:20.44 co que acadaba a 10ª praza; mentres que Mateo Castro corría os 600 metros nun tempo de 1:48.14 para clasificar na 8ª posición a 55 céntésimas do seu mellor tempo. Os resultados deste Campionato Galego Sub 16 de Medio Fondo ao aire libre podédelos atopar na sección descargas atletismo desta mesma web.