Boa actuación d@s nos@s atletas en Gavá e máis A Coruña


 04 Marzo, 2024   Atletismo 

Boa actuación d@s nos@s atletas en Gavá e máis A Coruña

@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estiveron á moi bo nivel nas dúas últimas competicións dos calendarios nacional e rexional desputadas en Gavá e na Coruña. O sábado 2 de marzo, Anxo Bello tomou parte na final do Campionato de España Sub18 de 5.000 m onde foi 12º cunha marca de 15'53''; non sendo quén de mellorar o seu rexistro persoal de 15'38'' acadado hai un mes no Campionato Galego da distancia. Xa o domingo na Pista de Atletismo da UDC en Elviña, trece d@s nos@s atletas de base desputaron a primeira das xornadas do Atletismo en Pista Escolar do Programa Xogade, proba na que Tadeo Suárez de 10 anos nos 60 m.l., Alba Suárez na lonxitude e Pablo García nos 60 m.l. de 11 anos, Abel Antelo de 12 anos na Altura e Keltia Gómez tamén na altura de 13 anos, batían as mellores marcas do club das súas respectivas idades. Os resultados destas dúas probas tédelos no apartado de descargas atletismo e descargas escola desta mesma web e a vindeira cita para @s nos@s serán os Galegos en Pista Curta Sub10-12-14 e o Galego 10 Q, na Coruña, Ourense e Xinzo desta fin de semana do 9 e o 10 de marzo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.