Boa actuación d@s nos@s atletas en Lugo e máis A Coruña


 04 Maio, 2025   Atletismo 

Boa actuación d@s nos@s atletas en Lugo e máis A Coruña

Os pasados 26 de abril e 2 de maio, seis d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario rexional; o V Trofeo Mariano Castiñeira Vilaseca e o Control de Marcas do Club Atletismo Riazor en pista ao aire libre. No trofeo lucense representóunos Nuno Moure, un dos atletas do Fogar máis en forma do momento que correu a proba dos 5.000 m.l. batendo o mellor rexistro absoluto do club cunha marca de 15'25''59 coa que acadou a medalla de prata. En canto ao Control de Marcas do CAR celebrado na Pista da UDC en Elviña, @s nos@s foron quen de mellorar catro das mellores marcas do club. Paula Amado a absoluta dos 100 metros lisos cun rexistro de 13''45, María Brandón a dos 16 anos nos 800 m.l. cun tempo de 2'45''35, Ana Ézara a dos 15 anos nos 600 m.l. parando o crono en 1'48''97 e Adrián Fuentefría a dos 14 anos nos 3.000 m.l. en 10'02''64. Resultados que tedes pendurados no apartado de descargas atletismo desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.