Boa fin de semana d@s nos@s atletas na Coruña e máis O Barco


 24 Xuño, 2025   Atletismo 

Boa fin de semana d@s nos@s atletas na Coruña e máis O Barco

Os pasados 20 e 21 de xuño, tres d@s atletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das probas do calendario rexional en pista ao aire libre; o Control Federativo de Marcas e máis o Campionato Galego Sub 16. No control de marcas de Elviña do día 20, Iago Bello gañou a proba dos 2.000 m.l. cun tempo de 6:43.73. En canto ao Campionato Galego Sub 16 do sábado 21 @s nos@s representantes foron Adrián Fuentefría e Ana Ézara. Adrián correu os 3.000 m.l., proba na que rematou 4º clasificado batendo a mellor marca do club dos 14 anos cun tempo de 9:38.47 mentres que Ana tomou parte nos 600 m.l. onde foi 14ª con 1:53.38. Resultados que tedes pendurados no apartado de descargas atletismo desta mesma web.
A vindeira cita para @s nos@s será o Campionato Galego Absoluto AL na Pista da USC en Santiago e onde tomará parte Nuno Moure nos 5.000 m.l.
#AINDASENPISTAHAIATLETISMO

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.