O pasado domingo a localidade burgalesa de Atapuerca daba o pistoletazo de saída á tempada de cros coa celebración do Campionato de España por clubs nas categorías sub-16, sub-18, sub-20, sub-23 e absoluta feminina e masculina e unha substitución mixta absoluta, cun total de 2.234 atletas en liza en representación de 191 clubs. O noso equipo sub16 masculino, que viña de gañar o Campionato Galego, remataba nunha moi meritoria 14ª plaza con Anxo Bello 11º, Hugo Souto 93º, Michel Núñez 98º, Berket López 101º, Óscar Alberte 117º e Adrián Sancho 119º. O sábado a localidade de Mondego en Sada, arrincaba o Campo a Través para a zona de A Coruña dentro do Programa Escolar Xogade, proba clasificatoria para a Fase Intercomarcal previa ao Campionato Provincial. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha destacada actuación, conseguindo 18 deles-as a súa clasificación directa para a seguinte fase, Valeria Alén, Xiana Faya, Irene Santomé, Ana Ézara, María Puga e Inés Duarte na categoría feminina e Tadeo Suárrez, Nuno Barcia, Yago Núñez, Sergio Reino, Iago Bello, Mateo Añón, Manuel Reino, Manuel López, Iago Pérez, Juan Giráldez, Telmo Fernández e Diego Souto na masculina.