Bronce galego sub16 para Ana Ézara no Barco de Valdeorras


 06 Novembro, 2024   Atletismo 

Bronce galego sub16 para Ana Ézara no Barco de Valdeorras

O pasado domingo día 3 de novembro disputouse na localidade de Vilamartín de Valdeorras o Campionato Xunta de Galicia trail running de subida vertical no que tomou parte a nosa atleta Ana Ézara Andrade (2010). Nun trazado moi esixente sobre a distancia de 2400 metros, unha altitude de 650 metros e pendentes do 10, 20 e 30%, Ana foi quen de rematar a proba en 46 minutos e 57 segundos acadando a medalla de bronce na categoría sub16 por detrás de Lucía Taboada da SD.Compostela e máis Helia García do CA.Ribadeo. Os resultados deste Campionato Xunta de Galicia de trail running podedes consultalos no apartado de descargas atletismo desta mesma web. O mesmo domingo os nosos atletas, Anxo Bello na catgoría sub18 e Román Ponte na sub10, subiron tamén ao terceiro caixón do podio no Cros Nacional Ponte Romana de Lugo.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.